Lorena Peleteiro Vázquez será a candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Punxín nas eleccións municipais que terán lugar o domingo 28 de maio.
«O traballo levado a cabo nos últimos 4 anos por Lorena Peleteiro, actual voceira municipal, é a mellor carta de presentación da nosa candidata e deixa claro que se trata dunha persoa que loita día a día na procura dun Punxín mellor», indican dende o PSdeG-PSOE.
A candidata socialista repite no primeiro posto da lista para intentar acadar a alcaldía. «Asumo novamente esta elección con moita responsabilidade, pero tamén con moita ilusión e disposta a traballar dende o minuto un por Punxín e as súas xentes, como levamos facendo estes catro anos» afirma Lorena Peleteiro.
Ante as eleccións municipais, Lorena Peleteiro destaca que «Punxín precisa dun cambio». Por ese motivo, a candidata recorda que «temos un propósito claro, que é traballar os vindeiros 4 anos dende o goberno municipal».