Noticias

O PSdeG denuncia unha infestación de carrachas no CEIP Punxín

O PSdeG-PSOE de Punxín denunciou a situación rexistrada no CEIP Punxín, onde, segundo trasladan desde a formación socialista, producíuse unha infestación de carrachas.

Esta situación estaría provocada pola falta de limpeza e mantemento das instalacións e das zonas anexas, responsabilidade que atribúen ao goberno municipal de PP e CxG.

O PSdeG denuncia unha infestación de carrachas no CEIP Punxín

A voceira socialista, Lorena Peleteiro Vázquez, cualificou de “inadmisible” que a situación chegase a poñer en risco a saúde do alumnado e da veciñanza, asegurando que o executivo local está “incapacitado para garantir unhas mínimas condicións de seguridade e limpeza”.

O PSdeG denuncia unha infestación de carrachas no CEIP Punxín
Lorena Peleteiro

Segundo denuncia o PSdeG, a comunidade educativa levaba tempo reclamando actuacións sen obter resposta e, ante a falta de intervención municipal, foi o propio centro quen tivo que solicitar servizos de control de pragas e medidas sanitarias.

Os socialistas sosteñen que este episodio evidencia “o abandono institucional” do municipio e reclaman un goberno “serio e responsable” que priorice a saúde pública.

Botón volver arriba