Noticias

Acto de presentación dos candidatos socialistas da comarca do Carballiño

O acto de presentación dos candidatos socialistas da comarca do Carballiño para as eleccións municipais do 28 de maio contou cunha importante afluencia de militantes.

Marina Ortega, deputada no Parlamento de Galicia, e Rafa Villarino, secretario provincial, arrouparon ós candidatos e candidatas ás alcaldías da comarca do Carballiño.

Acto de presentación dos candidatos socialistas da comarca do Carballiño

O acto de presentación tivo lugar no Carballiño e entre as persoas asistentes escoitábase o obxectivo de aumentar o número de alcaldías e «mudar o goberno provincial».

As persoas que encabezarán as candidaturas serán:

  • O Carballiño – Paco Fumega
  • Maside – José Manuel Iglesias Araujo
  • O Irixo – Iago Fariñas Valiña
  • Punxín – Lorena Peleteiro Vázquez
  • Boborás – María Luisa Lorenzo
  • San Amaro – María Jesús Fernández
  • Piñor – Almudena Fernández
Acto de presentación dos candidatos socialistas da comarca do Carballiño
Foto: PSdeG-PSOE

Unha das apostas que realizan os socialistas «é aumentar o número de rexedoras nos vindeiros comicios electorais e para elo presentamos máis candidatas, que chegan a estas eleccións moi preparadas e coa forza e as ganas de darlle futuro e esperanza aos seus concellos, a bisbarra e a nosa provincia».

Membros do PSdeG-PSOE mostran as súas esperanzas ante a cita electoral do mes de maio. Agardan que as urnas confirmen que o Partido Socialista «vai camiño de consolidarse como a forza maioritaria na provincia de Ourense, co impulso de candidaturas sólidas, fortes e gañadoras coma as que encabezan os alcaldes, alcaldesas e candidatos e candidatas da comarca do Carballiño».

Botón volver arriba