Noticias

Luis Menor é o novo presidente da Deputación

Luis Menor Pérez, alcalde de Pereiro de Aguiar, é o novo presidente da Deputación de Ourense tras ser a opción máis votada na sesión extraordinaria de constitución da entidade provincial.

Os 25 deputados e deputadas da Deputación de Ourense para o mandato 2023-27 tomaron posesión das súas actas e a continuación votaron para elexir ó novo presidente da institución.

Luis Menor é o novo presidente da Deputación
Foto: Deputación Ourense

Luis Menor é o novo presidente da Deputación

Luis Menor toma o relevo de Manuel Baltar pedindo a todos os deputados e deputadas «a máis absoluta implicación». No seu discurso, Menor fixo alusión a que «sempre imos procurar a mellora, e porque cada xeración ten novas e lexítimas necesidades ás que debemos dar resposta».

Luis Menor é o novo presidente da Deputación
Foto: Deputación Ourense

Algúns dos obxectivos prioritarios do novo presidente son:

  • Termalismo
  • sector do viño
  • a calidade do sector primario
  • turismo
  • conexión a través do AVE

Potenciar estas áreas permitirá loitar contra unha das debilidades que Luis Menor identifica na provincia de Ourense, a perda de poboación. «Non deixarei en ningún momento de ser reivindicativo co que defendo de xustiza para Ourense» indica en relación á colaboración doutras entidades públicas.

Foto: Deputación Ourense.

Luis Menor estivo acompañado na toma de posesión por unha importante representación institucional. O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, estiveron entre os presentes.

Botón volver arriba