Luís Menor, presidente da Deputación de Ourense, presenta o Plan CooperOu que contará con 13,9 millóns de euros para distribuír entre os concellos da provincia.
O novo modelo de financiamento co que contarán as entidades locais «equilibra o cambio na xestión dos fondos provinciais e a autonomía municipal», indica Luís Menor.
Luís Menor presenta o Plan CooperOU

Foto: Depourense.gal
Este novo sistema podería estar incluído nos orzamentos de 2024 e iría aumentando a súa cuantía nun millón de euros anual ata alcanzar os 17 millóns no ano 2027. Para a elaboración deste plan establécense unha cuantía que supón un incremento de 7 millóns con respecto á partida actual. No Plan CooperOu quedarán establecidos os criterios de reparto, o destino dos recursos e permitirá unha redución significativa do traballo administrativo.
Para elaborar este plan tivéronse en conta os criterios propostos pola Federación Galega de Municipios e Provincias para un reparto proporcional dos recursos. A poboación, número de núcleos de poboación, índice de envellecemento e superficie do concello serán importantes para calcular a cantidade que lle corresponde a cada concello.
Con esta iniciativa, elimínanse moitas subvencións nominativas que se outorgaban ós concellos desde a Deputación Provincial de Ourense. Este novo escenario provocará a redución do traballo administrativo dos traballadores da Deputación e das entidades locais que poderán destinar a outras a outras necesidades.