Noticias

Luís Seara aposta por un concello verde e sostible

Luís Seara, candidato do BNG á alcaldía de Ourense, aposta por un concello verde e sostible como parte do seu proxecto transformador.

Unha das medidas máis importantes que Luís Seara presenta no seu programa para as eleccións municipais do 28 de maio en Ourense ten que ver co medio ambiente.

Luís Seara aposta por un concello verde e sostible

Seara indica que «queremos un Concello que loite activamente contra o cambio climático e a descarbonización polo que cómpre implementar medidas de pacificación do tráfico, potenciar e mellorar os sistemas de transporte alternativo e favorecer o tránsito peonil polas nosas rúas».

Unha das actuacións que Seara considera máis necesarias ten que ver cos ríos que atravesan Ourense e que están «nun estado lamentable». O candidato do BNG sinala que «é preciso deixar de darlle as costas aos nosos ríos. Hai que sanealos, limpalos e integralos na trama urbana aproveitando todas as súas potencialidades, convertíndoos en espazos referenciais para a flora, a fauna mais tamén para toda a veciñanza».

Luís Seara aposta por un concello verde e sostible

Tamén incide o candidato na situación da masa arbórea do concello. «Non se trata simplemente de prantar árbores, cómpre coidalas e protexelas pois son un elemento fundamental para a renaturalización de Ourense».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.