Luís Seara, voceiro do BNG no concello de Ourense, considera unha tomadura de pelo o último anuncio de Pérez Jácome de contratar a dez persoas con titulación universitaria.
O anuncio realizado polo alcalde de Ourense para a contratación de dez persoas para labores eventuais xa ten a resposta do responsable do BNG en Ourense.
Segundo Luís Seara, o procedemento anunciado «carece de bases obxectivas ademais de non seguir ningún dos procedementos de contratacións establecidos na lexislación vixente». Considera Seara que o feito de remitir os currículums ó correo da alcaldía permitirá «contratar a aquelas persoas que o alcalde queira e que seguro xa ten escollido».
«Estamos diante dun novo paripé» incide Seara, pois Jácome anuncia un «proceso aberto, universal e xusto, cando é, e témolo claro, todo o contrario«.