Noticias

Luís Seara cualifica de «ocorrencia» a proposta para a Sala Valente

Luís Seara, voceiro do BNG no concello de Ourense, cualifica de «ocorrencia» a proposta do goberno municipal para a Sala Valente.

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, propuxo a creación dunha cafetería dentro do espazo expositivo da Sala Valente.

Luís Seara cualifica de «ocorrencia» a proposta para a Sala Valente

Para Luís Seara, «os argumentos esgrimidos polo alcalde son insostibles e o único que pretende con esta proposta é, ao noso entender, ir baleirando de contido cultural a Sala para posteriormente mudar o seu uso e cederlla en réxime de concesión a algún coñecido seu, algo que por certo xa tentou facer coa Praza de Abastos da Ponte».

Luís Seara cualifica de "ocorrencia" a proposta para a Sala Valente
Foto: BNG de Ourense

En opinión de Seara, «se o que pretende o alcalde é aumentar o número de visitantes, o que cómpre é fomentar, divulgar e publicitar o Museo, a Sala Valente e o espazo expositivo de Arturo Baltar, aumentando a oferta expositiva e permitindo que grupos, colectivos e asociacións poidan facer usos das súas instalacións de xeito gratuíto para o desenvolvemento de actos, encontros ou actividades diversas».

Botón volver arriba