Noticias

Luís Seara inspecciona as obras da rúa da Granxa

Luís Seara, voceiro do grupo municipal do BNG, inspecciona as obras da rúa da Granxa ante as numerosas queixas dos veciños.

O abuso na utilización do formigón nas aceiras onde antes había baldosas é unha das queixas que a veciñanza desta rúa sinala.

Luís Seara inspecciona as obras da rúa da Granxa

Luís Seara acudiu ó lugar para poder falar directamente cos veciños afectados e comprometeuse a levar á Xunta de Galicia as súas reclamacións. «Solicitaremos ao Goberno galego toda a información relativa ao proxecto, os motivos polos que se opta por este tipo de materiais que provocan que a rúa non manteña a homoxeneidade e que, sobor de todo, se atendan as demandas e reivindicacións veciñais pois son, en última instancia, os que van padecer as consecuencias dunha actuación mal executada», indicou Seara.

Luís Seara inspecciona as obras da rúa da Granxa
Luís Seara. Foto: Bng de Ourense

Iago Tabarés, deputado do BNG no Parlamento de Galicia, será quen solicite «explicacións á Xunta de Galiza co obxectivo de que se atendas as reivindicacións da veciñanza».

Botón volver arriba