Luís Seara, candidato do BNG á alcaldía de Ourense, propón a construción dun novo estadio no barrio do Couto.
Esta proposta está encadrada dentro das cinco grandes actuacións que «mudarían por completo a faciana do Concello».
Luís Seara propón a construción dun novo estadio no Couto
Estas actuacións «contribuirían a xerar dinamismo social e económico e permitirían aumentar a oferta dotacional e de equipamentos para uso e disfrute da veciñanza». A construción dun novo estadio remataría coas continuas obras que se realizan no actual. «Dariamos un salto de calidade e deixaríamos de enterrar candidades inxentes de cartos no estadio actual que pese ás moitas intervencións, segue padecendo de importantes problemas estruturais e de accesibilidade», indicou Seara.
O novo estadio sería construído nos terreos que se atopan na traseira da grada de fondo. A través deste proxecto, o estadio tería tamén unha cidade deportiva, zonas de aparcamento e zonas verdes ó seu redor.
«Queremos un estadio moderno, funcional, accesible e que cumpra coas necesidades e os estándares actuais tanto para os deportistas como para os siareiros, non falamos dunha obra faraónica pero si dun estadio acorde ao século XXI e a terceira cidade do país».