Noticias

Luís Seara propón un uso deportivo da finca Santamariña

Luís Seara, candidato do BNG á alcaldía de Ourense, propón un uso deportivo da finca Santamariña para dotar esta zona da cidade de instalacións deportivas.

Desde o BNG de Ourense teñen claro que a Finca Santamariña ten que ser o pulmón verde da cidade de Ourense.

Luís Seara propón un uso deportivo da finca Santamariña

Este aproveitamento non exclúe que desde o BNG planifiquen a construción de instalacións deportivas que permitan dotar das infraestruturas necesarias ó barrio. «Apostamos pola construción dun pavillón polideportivo pero que estea adaptado á práctica de todas as variantes da ximnasia e que estea homologado para poder desenvolver nel eventos de carácter galego, estatal ou mesmo internacional», indica Luís Seara.

Luís Seara propón un uso deportivo da finca Santamariña
Foto: BNG de Ourense

Ademais do Pavillón, o BNG propón a construción dun rocódromo pois «non é de recibo que dispoñamos únicamente do existente na pista central dos Remedios». A terceira proposta para a Finca Santamariña é a construción dunha piscina olímpica. «Un Concello de máis de 100.000 habitantes como é o noso non pode ter únicamente unha piscina olímpica de uso público», destaca Seara.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.