Noticias

Luís Seara valora a liquidación do orzamento do 2022

Luís Seara, portavoz municipal do BNG, valora a liquidación do orzamento do ano 2022 no concello de Ourense e destaca datos moi relevantes.

A análise dos datos económicos que presenta esta liquidación do orzamento de 2022 son para Seara unha mostra de «como é a xestión do actual equipo de Goberno, incapaz por outra banda, de aprobar un novo orzamento».

Luís Seara valora a liquidación do orzamento do 2022

Esta situación demostra para Seara como «o Goberno presidido por Jácome evidenciase como incapaz á hora de xestionar con eficacia e eficiencia». Entre os datos da liquidación figura unha execución orzamentaria do 46,48% (a máis baixa da última década) ou a execución do 15% do total destinado a inversións (14,78 de 98,22 millóns de euros).

Luís Seara valora a liquidación do orzamento do 2022
Luís Seara, portavoz do BNG de Ourense. Foto: BNG

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.