Noticias

Luís Seara valora a decisión xudicial que afecta ó concello de Ourense

Luís Seara valora a decisión xudicial que afecta ó concello de Ourense ó anular o nomeamento do Director Xeral de Intelixencia Artificial, Juan Carlos Fernández Fasero.

A decisión do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº2 súmase ás últimas sentenzas contrarias o proceder do goberno municipal.

Luís Seara valora a decisión xudicial que afecta ó concello de Ourense

Entende este Xulgado que tanto as bases como o nomeamento de Fernández Fasero son nulos de pleno dereito.

Luís Seara lembra que «xa durante o proceso selectivo e logo co nomeamento, advertimos que o que se estaba facendo era un traxe á medida dunha persoa concreta, neste caso dun íntimo amigo de Jácome e ademais fundador e ex-tesoureiro de Democracia Ourensana».

Luís Seara valora a decisión xudicial que afecta ó concello de Ourense
Foto: BNG de Ourense

«Jácome pretendeu situar a un íntimo amigo seu a razón de 60.000 euros ao ano e a través dun proceso selectivo trufado de irregulariedades desde o principio» destaca Seara ante esta situación.

Esta sentenza súmase ás emitidas nos últimos meses contra as decisións do goberno municipal. A anulación do capítulo I do Orzamento de 2020 e as sentenzas por acoso á Intendente da Policía Local e ó interventor son algunhas delas. Estas sentenzas tamén supoñen unha mingua das arcas públicas ó ter que abonar as costas e indemnizacións que suman máis de 45.000 euros.

Botón volver arriba