Luís Seara, voceiro do BNG no concello de Ourense, valora a situación de «La Pajarera» tralo peche do establecemento de propiedade municipal.
No ano 2020, o concello de Ourense adxudicaba a explotación da cafetería situada xunto ó Xardín Xaponés a un adxudicatario sobre o que o BNG xa amosaba certas dúbidas.
Luís Seara valora a situación de «La Pajarera»
«Xa daquelas había dúbidas sobre a idoneidade do adxudicatario que agora parecen verse corroboradas» indica Luís Seara. Os problemas xudiciais da persoa que recibiu a adxudicación crean preocupación no BNG. «Neste momento temos unha instalación propiedade do Concello, concesionada e cuxo contrato non se está a cumprir polo que entendendemos necesario que o Goberno Local aclare cales son as accións que adoptou ou vai adoptar ao respecto».
Ante esta situación, desde o BNG pedirán ó goberno municipal que aclare si a empresa adxudicataria está cumprindo co pagamento das cantidades fixadas no contrato e que supoñen 68.970€ ó ano.