Noticias

Luz Doporto pide que o concello dispoña os terreos para un novo centro de saúde

Luz Doporto, candidata do Partido Popular á alcaldía de Allariz, pide que o concello dispoña os terreos necesarios para un novo centro de saúde.

«O goberno de Allariz debe atender ao que lle piden os seus veciños e traballar para poñer XA a disposición da Xunta os terreos do novo centro de saúde» indicou Luz Doporto.

Luz Doporto pide que o concello dispoña os terreos para un novo centro de saúde

Membros da candidatura do PP de Allariz realizaron un acto onde instaron ó goberno municipal a por en marcha a construción dun novo centro de saúde. Esta petición faise trala solicitude da Consellería de Sanidade dunha parcela onde construír o novo edificio.

Luz Doporto solicita ó goberno municipal que «faga o seu traballo e poña a disposición da Xunta de Galicia a parcela solicitada pola Consellería de Sanidade para a construción dun novo centro de saúde para Allariz».

Luz Doporto pide que o concello dispoña os terreos para un novo centro de saúde
Foto: Populares de Allariz

Con respecto ó actual centro de saúde, o Partido Popular propón que no futuro se dedique a edificio administrativo do concello. «Agruparíamos e liberaríamos espazos para servizos moi demandados pola veciñanza».

Botón volver arriba