Eventos

Magosto de Ourense 2022

Programación do Magosto do concello de Ourense

O Magosto do concello de Ourense do ano 2022 contará cunha programación que permitirá gozar desta festa a persoas de tódalas idades.

Durante os días 11 e 12 de novembro, Ourense celebrará a Festa dos Magosto, unha das celebracións máis senlleiras da provincia de Ourense.

Magosto de Ourense 2022

Unha vez rematada a celebración do Samaín, o concello de Ourense xa ten todo listo para que a cidadanía poida gozar cunha nova festa. Case sen respiro chega o momento de celebrar o Magosto no concello de Ourense e poderemos facelo con música, espectáculos y gastronomía.

Presentamos a continuación a programación completa do Magosto 2022 no concello de Ourense.

VENRES, 11 DE NOVEMBRO

  • 12.00 h Ruada de gaiteiros e cabezudos
  • 17:00 h Animación de rúa coa charanga Mekánica
    Lugar: rúas da zona histórica
  • 18.00 h Magosto tradicional: Bolo preñado, auga ou viño por 1 € e castañas gratuítas.
    Lugar: Praza Maior
  • 18.15 h Ruada de gaiteiros e cabezudos
  • 19.00 h Concerto “Brañas Folk”, cos convidados: Orfeón Treixadura e Pancho Álvarez.
    Lugar: Praza Maior
  • 20:00 h Espectáculo itinerante “Lume”.
    Lugar: rúas da zona histórica
  • 20:30 h Actuación de Queiman co espectáculo Folki.
    Lugar: Praza Maior
  • 22:00 h a 00:00 h Animación de rúa coa charanga Támega.
    Lugar: rúas da zona histórica
  • 20.30 a 22.00 h e de 00.00 a 1.30 h Baile coa orquestra Panorama.
    Lugar: rúa do Progreso

SÁBADO, 12 DE NOVEMBRO

  • 12.00 h Ruada da banda de gaitas da Carballeira.
    Lugar: Parque San Lázaro- rúa do Paseo- Praza Maior
  • 13.00 h Concerto da Banda de gaitas da Carballeira.
    Lugar: Praza Maior
Magosto de Ourense 2022

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba