Paco Rodríguez, candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Ourense propón máis participación da veciñanza nos presupostos municipais.
Esta proposta realizada por Paco Rodríguez produciuse durante unha xuntanza que tivo coa veciñanza de Rabo de Galo.
Máis participación da veciñanza nos presupostos municipais
«Queremos mirar cara ao futuro e recuperar do pasado só aquelo que se fixo ben. Queremos que todos poidan recuperar o orgullo de ser de Ourense. E entendemos que é fundamental escoitar os problemas da veciñanza dos barrios para darlles resposta dun xeito adecuado. Porque tamén sodes parte da cidade», indicou o candidato á alcaldía.
Paco Rodríguez tamén indicou que si logra a confianza dos cidadáns, recuperará a Oficina de Atención ao Cidadán. Nesa liña, Natalia González indicou que «eu creo firmemente en que hai que defender aos veciños e veciñas, tanto desde as asociacións como desde a política municipal. Por encima de todos nós estades vós e da igual que vivades en Rabo de Galo, en Cabeza de Vaca, na rúa do Paseo ou en Bedoya. E para o Partido Socialista isto non é algo novo porque sempre apostamos polas asociacións. A forza máis votada fai catro anos foi o PSOE e problamente suceda o mesmo este vez. A nosa postura neste eido non vai cambiar».