Deportes

Manuela Blanco logra o bronce no Campionato de España Universitario

Manuela Blanco estreouse no podio nacional ao conseguir a medalla de bronce no Campionato de España Universitario, celebrado esta fin de semana en Madrid.

A atleta logrou a terceira posición na proba de salto con pértega cunha marca de 3.70 metros, nun concurso condicionado polo vento e pola igualdade no alto da clasificación.

Manuela Blanco logra o bronce no Campionato de España Universitario

Blanco comezou a competición superando os 3.40 metros ao primeiro intento, logrou os 3.60 na segunda tentativa e asinou os 3.70 ao primeiro salto. Intentou sen éxito os 3.80 metros, a altura que decidiría o ouro e a prata, pero o seu rexistro foi suficiente para asegurar o bronce e rubricar así a súa primeira medalla nun campionato de España. Nesta ocasión, representou á Universidad Europea de Madrid.

Manuela Blanco logra o bronce no Campionato de España Universitario
Foto: Club Ourense Atletismo

Na mesma cita deportiva, destacou tamén a actuación de Leyla Villar nos 1.500 metros. A atleta da Universidad de Santiago de Compostela asinou un tempo de 4:39.71 na súa serie, quedando a tan só catro centésimas da clasificación por tempo para a final. A súa carreira estivo liderada pola olímpica Esther Guerrero, quen posteriormente se faría co triunfo na final.

O terceiro deportista do Club Ourense Atletismo que participou neste campionato universitario foi Hugo Fernández. Cun lanzamento de 44,38 metros, Hugo lograría a 12ª posición en lanzamento de martelo. Hugo Fernández representaba á Universidade da Coruña.

Os tres deportistas viviron unha experiencia inesquecible nun campionato universitario de gran nivel, que deixa un sabor moi positivo para o atletismo galego.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.