O barrio de Mariñamansa contará cun moderno ascensor que permitirá salvar o desnivel existente entre as rúas Bonhome e Saínza.
A actual comunicación entre estas dúas rúas por Amor Rubial consiste nunhas escaleiras que dificulta o acceso a persoas con mobilidade reducida, cadeiras de rodas, etc..
Mariñamansa contará cun moderno ascensor
O concello de Ourense pon en marcha o procedemento administrativo para instalar nesta localización un moderno ascensor que permita unha mellora na accesibilidade. Esta infraestrutura segue a liña marcada noutras localizacións da cidade onde xa se están realizando proxectos similares.
«Vimos de contratar o deseño e, unha vez que teñamos o proxecto, sacarémolo a licitación», indica Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense.