Noticias

Mes do Libro 2024 en Ribadavia

A celebración do Mes do Libro durante abril de 2024 no concello de Ribadavia xirará en torno ó Día do Libro que se conmemora o día 23 deste mes.

Entre as propostas que inclúe a celebración do Mes do Libro en Ribadavia atópase un desconto especial ó mercar un exemplar en libarías da vila.

Mes do Libro 2024 en Ribadavia

Os establecementos Follas Novas, Mafranch e Goyma realizarán descontos do 20% ó mercar un libro desde o 22 ó 28 de abril. Ademais desta iniciativa de fomento da lectura, outras actividades terán lugar na Biblioteca Municipal de Ribadavia.

Mes do Libro 2024 en Ribadavia

Actividades durante todo o mes de Abril

  • Exposición e mostra bibliográfica «SOS Océanos»
  • Maleta Viaxeira «Explorando os Océanos» de CEIDA

2 de abril

  • Día do Libro Infantil – Contacontos de Maquinaria Teatro «Que contan as árbores». CEIP Plurilingüe de Ribadavia

23 de abril

  • Día do Libro – Teatro Calavera «Animaladas» – CRA Amencer

24 de abril

  • Visita nenos do CEIP de Carballeda de Avia con contacontos igualdade

Entrega de premios ós Gardiáns Axenda 2030.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.