Millán Brea Castro, doutor en ciencias da educación, recomenda a lectura dun libro que para el ten un significado especial ante a proximidade do Día Internacional do Libro o vindeiro 23 de abril.
Ourensenarede solicitoulle que nos recomendase un libro, explicase como chegou ás súas mans, que lle aportou e por que o recomenda.
Millán Brea recomenda a lectura de …
As tiras de Mafalda, de Quino
«Sendo pequeno, recordo coller a mafalda da estantería da casa e ler todos os libros que tiñamos de Quino, e simpatizar cos todas as personaxes que saían. A medida que vas crecendo, compartes a carraxe e reflexións de Mafalda. !Gracias á miña familia por darme esta opción!»
«Sen dúbida teño que recomendar esta lectura nos tempos que corren. Unha crítica intelixente e unha chamada ao sentido común das persoas para mellorar o noso mundo. Por suposto, cunha figura tan amable ;-)»
Millán Brea Castro – Educador Social
Doutor en Ciencias da Educación