Noticias

A MIT de Ribadavia cota co apoio masivo do público

A MIT de Ribadavia conta co apoio masivo do público que está a encher os distintos espectáculos que programou a organización para a edición de 2023.

Na edición deste ano da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, cada espectáculo que se organiza no castelo ou nas parroquias do concello están a recibir unha clara e masiva afluencia de público.

A MIT de Ribadavia cota co apoio masivo do público

Chegados á 39ª edición, a MIT é un referente do sector teatral tanto en Galicia como fora da nosa comunidade. A innovación e coidada selección das propostas que conten a programación supoñen un valor seguro que garante uns espectáculos de gran calidade.

Mentres continúa a actividade, as fotos que mostramos a continuación supoñen unha boa testemuña do respaldo que reciben as actividades programadas.

Botón volver arriba