O concello de Monterrei estará presente na novena edición de Festur que se celebrará en Silleda entre os días 8 e 11 de xuño de 2023.
A Feira de Festas de Interese Turístico (FESTUR) é un dos maiores escaparates que ten a comunidade Galega para mostrar os eventos que se realizan durante o ano.
Monterrei estará presente en Festur
O concello de Monterrei ten na Xuntanza Internacional de Gaiteiros unha das súas citas máis destacadas do ano ó reunir no mes de agosto a decenas de gaiteiros procedentes de diversos países.
Ademais de promover esta festa, a Oficina de Turismo de Monterrei presentará novas publicacións que axuden a dar a coñecer o concello. O folleto «E ti coñécelo?», un mapa do concello con referencias ós BIC’s e unha publicación sobre as aldeas do concello estarán a disposición dos visitantes á feira.