Noticias

Monterrei tivo bos datos de turismo en Semana Santa

Monterrei tivo bos datos de turismo en Semana Santa ó rexistrarse case 3.000 persoas que acudiron a visitar a Acrópole durante eses días.

A Semana Santa de 2022 supuxo a recuperación case completa dos fluxos turísticos previos á pandemia. Un forte impulso para un sector que leva sufrindo dous anos de dificultades.

Monterrei tivo bos datos de turismo en Semana Santa

Un dos destinos que tiveron unha maior afluencia de persoas durante as vacacións de Semana Santa foi a Acrópole de Monterrei. A oficina de turismo ofreceu información sobre o perfil dos visitantes que permitiron ocupacións hoteleiras por riba do 90%.

Monterrei tivo bos datos de turismo en Semana Santa
Foto: Oficina de turismo de Monterrei

A cifra exacta de visitantes rexistrados desde o 13 ó 17 de abril foi de 2908 persoas. Na súa maioría (60%), os visitantes proceden da propia comunidade aínda que tamén tiveron un importante peso as persoas que chegaban desde a comunidade de Madrid ou Portugal.

Os visitantes que se achegaron a Monterrei, principalmente familias, puideron participar nas distintas actividades que a Oficina de Turismo organizou durante a Semana Santa. Destaca tamén a chegada dun importante número de turistas que viaxaban en autocaravana grazas a presenza do lugar en app especializadas. Visitas en grupo e peregrinos completaron os case 3.000 visitantes que deron vida á zona.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.