Eventos

Nadal 2023 en Seixalbo

O Nadal 2023 terá unha parada destacada na localidade de Seixalbo coa celebración de numerosas actividades que organiza as entidades asociativas e culturais da vila.

Entre as propostas que topamos na programación están as que teñen como protagonistas indiscutibles ós máis pequenos e as que inclúen a toda a familia.

Programación de Nadal 2023 en Seixalbo

Desde o xoves, 7 de decembro, Seixalbo contará con actividades constantes que permitirán ós seus veciños e visitantes gozar de forma comunitaria destas datas tan destacadas.

  • Luz e chocolate
    Xoves, 7 de decembro ás 19:30h no Parque da Infesta
  • Obradoiro de Nadal
    Sábado, 16 de decembro ás 18h no local veciñal
  • Seguridade e Solidariedade
    Domingo, 17 de decembro de 10 a 17h no Parque da Infesta (Carglass)
  • Belén Parroquial
    Domingo, 17 de decembro ás 12:30h na Casa Parroquial
  • Xoguetes e Alimentos Solidarios
    Semana do 18 ó 22 de decembro en horario de 19 a 20.30h no Local veciñal
  • Concerto de Nadal
    Luns, 25 de decembro ás 19h na Igrexa Parroquial
  • Obradoiro Infantil
    Mércores, 27 de decembro ás 17h
  • Chocolate co apalpador
    Mércores, 27 de decembro ás 18h
  • Parrafeo
    Venres, 29 de decembro ás 21h na Praza Maior
  • Badaladas Aninovo
    Domingo, 31 de decembro ás 24h na Praza das Laxas
Nadal 2023 en Seixalbo

Organizan e colaboran:

  • Asociación Veciñal San Breixo de Seixalbo
  • Asociación Cultural Agromadas
  • Parroquia de San Breixo de Seixalbo
  • Carglass
  • Semente Ourense

Botón volver arriba