Unha nova edición do concurso de pinchos Toén a Bocados terá lugar no vindeiro mes de xuño de 2022. Os días 3, 4, 10 e 11 de xuño, seis establecementos ofrecerán extraordinarios pinchos.
O éxito de participación da edición que se celebrou o ano pasado levou ós organizadores a repetir a experiencia.
Nova edición de Toén a Bocados
Novamente haberá dúas categorías, xurado e votación popular. Para participar na votación popular será obrigado probar un mínimo de catro pinchos dos seis que van a concurso. Por si a experiencia gastronómica non era suficiente, o patrocinadores do evento proporcionarán regalos que serán sorteados.
Locais participantes no II Concurso de Pinchos de Toén:
- Taberna Grancas – Toén
- Parrillada Mexicano – As Airas
- A Casa do Peso – Moreiras
- Café-Bar Venecia – Moreiras
- Bar Pazos – Toén
- La Isla – Mugares