Desde o PSdeG-PSOE valoran o novo revés xudicial para o concello de Ourense ó declararse nulo o nomeamento de Juan Carlos Fernández Fasero como director xeral de Intelixencia Artificial.
Esta sentenza súmase ás recibidas nas últimas semanas e que van en contra do proceder do goberno municipal.
Novo revés xudicial para o concello de Ourense
María Fernández Ojea, concelleira socialista, destaca que o alcalde de Ourense debe «someterse ao criterio, aos procedementos e á regulación administrativa».
Desde o PSdeG-PSOE sinalan que «cando a vulneras, ou a revistes dunha extraordinaria creatividade, ten consecuencias negativas para a veciñanza e, neste caso concreto, tamén para os seus propios amigos». A principal razón para anular o nomeamento de Fernández Fasero sería a ausencia dunha titulación específica para optar ó posto.
Lembra Fernández Ojea que o alcalde de Ourense, Pérez Jácome, debería «dirixir Ourense como o que é, a terceira cidade da nosa Comunidade Autónoma».