O BNG advirte sobre a estabilidade económica do concello de Ourense por mor da neglixente xestión que realiza o goberno municipal.
Esta consideración sobre o estado das contas municipais foi realizada por membros do BNG do concello de Ourense tras o pleno extraordinario.
O BNG advirte sobre a estabilidade económica do concello de Ourense
O BNG votou a favor do contrato de cámaras de vídeo de vixilancia para a zona vella e a instalación de máis radares de control de tráfico. Neste caso, o BNG recordou que para non perder a subvención concedida debe executarse este contrato con rapidez.
No resto dos casos, o BNG votou en contra. Facturas acumuladas, o pago dos autobuses e minubuses ou as subvencións nominativas para clubes deportivos foron rexeitadas. No caso dos vehículos de transporte municipal, o BNG insiste na necesidade de recuperar o servizo para a xestión directa desde o concello.
No caso das entidades deportivas, o BNG solicita que esta cantidade (1.085.000€) sexa disposta mediante subvencións competitivas do Consello Municipal de Deportes. Esta medida permitiría que «todos os clubes e non uns poucos se vexan beneficiados partindo dunhas bases e duns criterios obxectivos».