Noticias

O BNG insiste co paso soterrado de Peliquín

O BNG insiste na demanda de construción dun paso soterrado en Peliquín para manter a comunicación entre a Ponte e Oira.

O actual proxecto é rexeitado por parte da veciñanza porque suporía a eliminación do actual paso a nivel de vehículos. Para os peóns, a nova situación consistiría nunha pasarela elevada a 400 metros do emprazamento actual.

O BNG insiste co paso soterrado de Peliquín

Por este motivo, unha das demandas que se puxeron sobre a mesa é a construción dun paso soterrado para vehículos e peóns. Segundo o BNG, esta proposta «é pausible e viable técnicamente».

«Ao non terse iniciado e nin tan sequera licitado as obras deste tramo en concreto e existindo solucións técnicas practicables dentro das afeccións estudadas polo estudo informativo, soamente é cuestión de vontade política do MITMA, RENFE e o ADIF» recordan desde as plataformas que reivindican o cambio de proxecto.

O BNG insiste co paso soterrado de Peliquín
Paso a nivel de Peliquín (Foto: BNG de Ourense)

Luís Seara, portavoz do BNG no concello de Ourense, solicita que o alcalde «se dirixa ao Ministerio, aproveitando a participación municipal no convenio marco de colaboración asinado en xuño de 2016 entre o Ministerio, a Xunta, o Concello e o ADIF para o desenvolvemento da futura estación intermodal de Ourense e o seu entorno urbano».

Botón volver arriba