Noticias

O COB recibirá 250.000 euros da Deputación

O COB recibirá unha subvención de 250.000 euros da Deputación Provincial de Ourense que lle foi aprobada na Xunta de Goberno celebrada onte.

Esta subvención é unha das máis importantes das aprobadas pola institución provincial e permitirá financiar ó Club Ourense Baloncesto durante a temporada 22-23. O equipo cobista participa na actualidade na LEB Oro, segunda competición nacional.

O COB recibirá 250.000 euros da Deputación

Tamén se aprobaron outras axudas que permitirán financiar proxectos municipais. O concello de Rairiz de Veiga recibirá unha axuda de 47.000 euros para o mantemento de parques e xardíns. 8.000 euros é a cantidade que recibirá o concello de Monterrei para adquirir un vehículo eléctrico.

Durante a Xunta de Goberno tamén se aprobou unha proposta de cooperación cos concellos que permitirá dar unha resposta rápida ante situacións de emerxencias. En momentos como os actuais coas recentes inundacións, unha resposta áxil e eficaz das institucións pode ser esencial.

O COB recibirá 250.000 euros da Deputación
Foto: Deputación de Ourense

Este plan de colaboración entre administracións (EmergOU) permitirá mobilizar os medios técnicos, persoal e maquinaria necesarias para facer fronte as posibles emerxencias.

Botón volver arriba