O concello de Ourense manda retirar unha pancarta situada en Seixalbo coa lenda «Seixalbo, nin un paso atrás», colgada poucos días antes.
A renovación das actuais liñas de autobús urbano segue a dar dores de cabeza ó goberno municipal. Tras presentar o proxecto definitivo, chegou a versión Alpha 2.0 e a 3.0 sen conseguir un apoio importante nas zonas rurais do concello.
O concello manda retirar unha pancarta en Seixalbo
A problemática xurde polas frecuencias das distintas liñas que realizarían os servizos unha vez que se poña en marcha o novo sistema.
Seixalbo é unha das localidades que ve como na nova organización aumentan as frecuencias dos autobuses urbanos. Ese foi o motivo que levou fai uns días a unha reunión de numerosas AA.VV. para velar polos intereses dos seus veciños.
Para deixar clara a postura da localidade e contando co apoio de entidades nas que están representados case a totalidade dos veciños de Seixalbo, decidiron por unha pancarta.
- Asociación Cultural Agromadas
- Club Deportivo Seixalbo
- Asociación de Mulleres Rurais
- Mancomunidade do Monte Veciñal
- Asociación Veciñal San Breixo
Estas asociacións promoveron a instalación da pancarta que indicaba «Seixalbo, nin un paso atrás». Queda claro que esta mensaxe non gustou no goberno municipal que esta mañá a mandou retirar.
Os bombeiros de Ourense, escoltados por axentes da policía, retiraron a pancarta.