Noticias

O concello recupera o Parque Avilés de Taramancos

O concello de Ourense recupera o Parque Avilés de Taramancos cunha actuación que permitirá recuperar a mellor cara deste céntrico espazo.

Inaugurado no ano 2010, o parque Avilés de Taramancos conta cunha localización e deseño que o converten nun importante atractivo.

O concello recupera o Parque Avilés de Taramancos

Situado ó carón do río Barbaña e a escasa distancia da zona centro, numerosas persoas pasan por este espazo a diario. Dende a área de Parques e Xardíns, baixo a responsabilidade do alcalde de Ourense, pretenden recuperar e por en valor este parque.

O concello recupera o Parque Avilés de Taramancos
Foto: concello de Ourense

O concello vai substituír as bombas de impulsión de auga que levan un tempo avariadas. Desta forma, a lagoa de 1.300 metros poderá recuperar parte do seu atractivo cos deseños de auga. Para mellorar este servizo, o espectáculo de auga contará tamén con luz e música.

Por outra banda, o concello tamén eliminará as numerosas pintadas acumuladas no entorno do parque. Con estas medidas e a recuperación do xardín vertical, o concello pretende por en valor o parque Avilés de Taramancos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.