O grupo municipal do PSOE de Ourense pide medidas urxentes fronte ós numerosos casos de submisión química que se están detectando por todo o país.
No próximo pleno do concello de Ourense, o grupo socialista pedirá por en marcha varias medidas para evitar esta nova modalidade de violencia contra as mulleres. As picadas para someter ás mulleres mediante distintos produtos están rexistrando numerosos casos por toda a xeografía.
O PSOE de Ourense pide medidas urxentes fronte a submisión química
Entre as medidas propostas polo grupo socialista está a instalación de puntos Violeta e unha revisión dos protocolos a seguir polas empresas organizadoras de eventos.

A concelleira Concha García destacou que as mulleres sofren «múltiples manifestacións de violencia maschista, dende a agresión física e sexual ata o maltrato psicolóxico». A aparición deste novo método de submisión por parte dos agresores fai necesaria unha rápida resposta. «Nos últimos tempos apareceu un novo xeito de agresión ás mulleres máis novas, «a picada», un novo xeito de agredir ás mulleres, unha nova agresión machista que pretende que se impoña o medio entre as mulleres mozas que queren gozar do seu tempo de lecer nocturno».
O grupo socialista solicita das administracións públicas celeridade para garantir a integridade física da cidadanía.