Noticias

O II Open Cidade de Ourense de Tenis incorpora a categoría feminina

O II Open Cidade de Ourense de Tenis celebrarase do 22 ao 28 de xuño nas instalacións do Club Santo Domingo e Padelprix Ourense, cunha das súas principais novidades: a incorporación da categoría feminina.

O torneo, de categoría 1.000 do circuíto nacional da Real Federación Española de Tenis, repartirá 5.000 euros en premios.

O II Open Cidade de Ourense de Tenis incorpora a categoría feminina

Na presentación, celebrada na Praza Maior, participaron representantes das institucións colaboradoras e da organización. O presidente da Federación Galega de Tenis, José Mosquera, destacou que o campionato busca impulsar o deporte base e ofrecer oportunidades aos novos talentos. “É un torneo que intenta promocionar os xogadores de abaixo, o deporte base”, afirmou.

O II Open Cidade de Ourense de Tenis incorpora a categoría feminina
Foto: Concello de Ourense

A competición reunirá 30 tenistas, 20 no cadro masculino e 10 no feminino, procedentes principalmente de Galicia e Asturias. Os vencedores de ambas categorías recibirán un premio de 1.000 euros.

As finais disputaranse o domingo, 28 de xuño: a feminina en Padelprix ás 10:00 h e a masculina no Club Santo Domingo ás 11:00 h.

Botón volver arriba