Noticias

O BNG critica uns orzamentos “tramposos” do CMD de Ourense

O Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes (CMD) de Ourense debateu esta mañá o proxecto de orzamentos para 2025, cun total de 5.255.400 euros.

Esta cifra supón un incremento do 27,64% respecto ao anterior presuposto, algo que o Goberno local cualificou como “unha aposta polo deporte”, malia que, segundo denuncia o BNG, a comparación se realiza coas contas de 2020.

O BNG critica uns orzamentos “tramposos” do CMD de Ourense

Luís Seara, portavoz nacionalista e representante do BNG no CMD, critica que o Executivo de Jácome pretenda “sacar peito” dun incremento que responde, di, a simples actualizacións de prezos e ao aumento do capítulo de persoal, tras cinco anos sen renovación orzamentaria en tempo e forma.

Ademais, o BNG lamenta que a única proposta do Goberno local nos últimos anos neste eido —a creación dunha terceira liña de axudas nominativas para clubes e entidades deportivas— non figure nos orzamentos presentados. “Non aparece por ningures, nin está creada nin ten partida orzamentaria”, apunta Seara, quen sospeita que o Executivo pretende implantala mediante modificacións de crédito futuras, buscando así responsabilizar a oposición dun posible rexeitamento.

O BNG critica uns orzamentos “tramposos” do CMD de Ourense
Foto: BNG

Seara tamén critica a escasa dotación para mantemento de instalacións e maquinaria, cunha partida de apenas 10.000 euros. Considera insuficiente a xustificación de que investimentos maiores dependerán do remanente do Concello ou doutras administracións, xa que “as deficiencias son coñecidas e a súa solución debería estar prevista”.

Pola suma destas cuestións, o BNG optou por absterse na votación dos orzamentos, ao considerar que “non respostan ás necesidades actuais do deporte en Ourense e están feitos con trampa”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.