Os Bonos de Innovación que impulsa a Xunta de Galicia chegan ás empresas de Ourense coa axuda da Confederación Empresarial de Ourense.
As oficinas de Conecta Ourense, impulsadas pola CEO, están a realizar unha importante labor na tramitación e información das novas axudas presentadas pola Xunta de Galicia. Os profesionais destas oficinas están asesorando nestes intres a 30 empresas na xestión das axudas.
Os Bonos de Innovación chegan ás empresas de Ourense
Por outro lado, máis de 200 empresas foron informadas sobre as condicións e vantaxes destas axudas ás empresas. Unha subvención que pode alcanzar o 70% da inversión realizada en servizos de innovación supón unha importante ferramenta no crecemento empresarial.
Unha sesión informativa permitiu valorar e analizar a implantación destas axudas no tecido empresarial de Ourense.