Noticias

Os libros teñen premio en Barbadás

Os libros teñen premio en Barbadás mediante a iniciativa que puxo en marcha o concello pola Semana do Libro e que consta de varias actividades.

A Semana do Libro de Barbadás consta de varias propostas que desde a concellería de Cultura están levando a cabo estes días.

Unha das principais apostas que fixo o Concello de Barbadás para apoiar a literatura en lingua galega foi entrar como coorganizador do XXV Certame Literario de Piñor. Este certame goza dun importante prestixio, froito da traxectoria e a calidade dos traballos premiados ó longo das 24 edicións anteriores.

Os libros teñen premio en Barbadás

Con motivo da Semana do Libro de Barbadás, o concello organizou diversas actividades para fomentar a lectura. «Coa volta á normalidade, estanse realizando actividades como préstamos de libros e obradoiros para os máis cativos», indica Marga Pérez, concelleira de Cultura.

Os libros teñen premio en Barbadás

As actividades que xa se están realizando inclúen:

  • Descontos ó mercar un libro e agasallo dunha planta durante toda a semana.
  • Actividade «Léoche un conto» nas librerías:
    Carlín – mércores ás 18:30h,
    Espa – mércores ás 19h,
    A Valenzá – venres ás 18:30h,
    Moraima – venres ás 19h.
  • Entrega dun lote de libros para o espazo de espera na zona de pediatría do Centro de Saúde da Valenzá.
  • Visita á biblioteca dos nenos e nenas da Escola Infantil Municipal.
  • Obradoiro «O Xogo literario» na Biblioteca Municipal o xoves, día 21, ás 18:30h. (inscrición en biblioteca@barbadas.es)

Escuela de Música en Ourense

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Botón volver arriba