Os Mecos sairán o día 12 de febreiro polas rúas de Sobradelo para festexar o Entroido deste ano nesta localidade de Xunqueira de Ambía.
Os veciños de Sobradelo contan este ano cunha intensa programación de actividades que polo momento inclúe tres propostas.
Os Mecos sairán o día 12 en Sobradelo
O pasado 21 de xaneiro tiña lugar un obradoiro de farrumecos, actividade que contou cunha boa participación. Este pasado venres, 27 de xaneiro, un obradoiro de mecos reunía de novo ós veciños de Sobradelo para elaborar ós protagonistas da festa.
Será o próximo 12 de febreiro cando os Mecos saian polas rúas de Sobradelo a partir das 16:30h co acompañamento musical da Charanga A Felga de Maceda. Ó remate, unha chocolatada e bica permitirá recuperar folgos a todas as persoas que acudan disfrazadas.
