Os socialistas do concello de Ourense anuncian un 2024 de moito traballo no que agardan poder contribuír a unha mellora da actividade cultural e as políticas inclusivas.
Natalia González Benéitez, secretaria xeral do PSdeG-PSOE en Ourense, destaca que «Jácome, no seu papel de modificador en serie, rompeu todos os récords de modificacións de crédito e plenos extraordinarios; unha folla de ruta que está a levar ao Concello a grandes desequilibrios que non tardarán en converterse en hipotecas futuras con repercusión inmediata no peto da cidadanía».
Os socialistas anuncian un 2024 de moito traballo
Esta situación, provocada por catro anos sen presupostos municipais, levan ó concello a unha situación na que «se eliminaron programas de atención a inmigrantes, programas de saúde ou de conciliación laboral e familiar» segundo indican desde o grupo socialista.
Ademais da ausencia de propostas para servizos como o Espazo Lusquiños, desde o PSdeG-PSOE recordan o estado de outros servizos municipais. «Museo Municipal (pechado), a ludoteca das Lagoas (pechada), a oficina do PERI (pechada), as termas públicas (pechadas case ao 70%), o viveiro (convertido nun desgüace), as concellerías de vivenda e PERI, voluntariado, comercio, saúde, xuventude, transportes (desaparecidas), e a UPO (sen ofrecer sequera alternativas)».
«Iso si, Jácome gasta máis dun millón de euros en asesores, directores xerais e afíns, pero seguimos sen RPT nin OPEs e cun dictador por alcalde que adica o seu tempo a perseguir a funcionarias e funcionarios ‘tiquismiquis'» recorda Natalia González.