O Ourense Atletismo rematou na sexta posición na Copa Galega de Clubs Máster, celebrada esta fin de semana en Vigo, nun ambiente cheo de camaradaría e espírito deportivo, tan característico dos encontros de veteráns.
O club ourensán completou todas as probas do encontro cunha actuación sólida e destacada.
Ourense Atletismo logra a sexta praza na Copa Galega Máster
Varios atletas do equipo subiron ao podio, tendo en conta a compensación por idade:
- Antonio Touza, 3º nos 800 metros cun tempo de 2:14.05.
- Sergio Herrería, 3º no triplo salto cunha marca de 11.42 metros.
- Saturnino González, 1º nos 2.000 metros obstáculos cun rexistro de 7:29.68.
- Julio Fernández, 2º no lanzamento de disco (1 kg) cunha mellor marca de 19.24 metros.

Ademais, Julio Fernández asinou unha xesta histórica ao establecer un récord galego en lanzamento de peso (3 kg) na categoría M80, alcanzando os 8.33 metros, un fito que amosa a súa excepcional forma física e técnica.