Noticias

O PSdeG denuncia a morosidade crónica do goberno de Jácome

O Concello de Ourense vén de ser incluído na listaxe estatal de Administracións locais obrigadas a acollerse ao mecanismo extraordinario de pago a provedores.

Esta situación ven provocada polo seu elevado índice de morosidade.

O PSdeG denuncia a morosidade crónica do goberno de Jácome

Así o denunciou este venres a concelleira socialista María Fernández Ojea, lembrando que a situación leva dous anos sendo advertida polo grupo municipal do PSdeG.

Segundo explicou a edil, Ourense forma parte dun reducido grupo de trinta concellos en toda España con problemas tan graves de pagamento que o Ministerio de Facenda obriga a adoptar este mecanismo. Fernández Ojea lembrou que xa en setembro do ano pasado o seu grupo instaba ao goberno local a acollerse voluntariamente ao plan estatal que permite saldar débedas mediante financiamento extraordinario.

O PSdeG denuncia a morosidade crónica do goberno de Jácome

A socialista denunciou que o goberno de Gonzalo Pérez Jácome ignorou reiteradas peticións para establecer un plan de pago a provedores. “O PMP en Ourense supera sempre o límite legal de 30 días, chegando a triplicarse nalgúns períodos”, advertiu.

A edil sinalou como principais causas desta situación a “ausencia de xestión política” e o feito de que “todos os grandes contratos do Concello están en precario”. Isto ralentiza a tramitación das facturas e impide un funcionamento normal da Administración municipal.

Fernández Ojea salientou que “o Goberno de España, permitirá que as empresas con facturas pendentes poidan cobrar no mes de xuño”. Por iso, reclamou que o executivo local remita urxentemente toda a documentación requirida polo Ministerio de Facenda.

A inclusión neste mecanismo é unha boa nova para os acredores, que por fin poderán cobrar, e tamén permitirá liberar débeda para facer fronte a outras obrigas non recoñecidas oficialmente”, apuntou.

María Fernández pechou a súa intervención esixindo que o goberno municipal “deixe de improvisar” e poña fin ao “caos” que afecta á terceira cidade de Galicia. “A ineficiencia do rexedor e do seu equipo está sendo pagada pola veciñanza e polas empresas locais, con facturas pendentes desde hai máis de cen días, e coa imaxe institucional cada vez máis deteriorada”, concluíu.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.