Noticias

O Concello de Ourense entra no plan estatal de pagamento por débeda

O Concello de Ourense vén de ser incluído polo Ministerio de Facenda no Procedemento obrigatorio de pagamento a proveedores para o exercicio 2025.

Esta situación prodúcese tras publicarse este martes unha listaxe na que figura con unha débeda acumulada de 10.858.086,28 euros.

O Concello de Ourense entra no plan estatal de pagamento por débeda

A razón: o reiterado incumprimento da obriga legal de pagar as facturas nun prazo máximo de 30 días. Os últimos datos, correspondentes ao mes de marzo, sinalan que o Concello tarda unha media de 117 días en abonar os pagamentos, moi por riba do permitido pola normativa vixente.

O Grupo municipal do BNG non se amosa sorprendido. O seu portavoz, Luís Seara, lembra que “levamos meses por non dicir anos, advertindo de que a situación do Concello de Ourense é cada vez máis crítica e caótica e que íamos dereitos a ter que aprobar un Plan de axuste, coas consecuencias que iso vai ter, e o tempo, por desgraza, estanos a dar a razón”.

O Concello de Ourense entra no plan estatal de pagamento por débeda

Seara tamén critica duramente a xestión do alcalde Gonzalo Pérez Jácome. “Logo de seis anos con Jácome á fronte da alcaldía e lonxe das continuas promesas de axilización da administración, o que temos cada día que pasa é un Concello máis enfurruxado, caótico, oscurantista e moroso”, afirma, advertindo de que esta deriva sitúa á institución “ao bordo do colapso”.

Ademais, o plan do Ministerio non só ten consecuencias para o Concello, senón tamén para os seus proveedores. Como explica Seara, “ademais dos prexuízos de estar meses sen cobrar, agora se o queren facer, teñen que renunciar aos seus lexítimos xuros de mora e ao resto de compensacións solicitadas se o que queren é cobrar”.

A inclusión no procedemento obrigatorio obriga ao Concello a aprobar un Plan de Axuste, con restricións financeiras que poderían afectar a servizos e investimentos públicos. O BNG volve así reclamar responsabilidades políticas e transparencia na xestión municipal.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.