A cidade de Ourense terá unha rúa dedicada a Manuel Suárez Castro, último alcalde republicano e que foi fusilado no ano 1937.
A moción do partido socialista de Ourense para dedicar unha rúa a Manuel Suárez Castro foi aprobada por unanimidade da corporación municipal.
Ourense terá unha rúa dedicada a Manuel Suárez Castro

Na presentación da moción, o partido socialista contou coa participación de Pablo Suárez Vázquez, neto do homenaxeado, que agradeceu o recoñecemento ó seu avó. Xa no ano 2004, o pleno de Ourense acordaba dedicar unha céntrica rúa da cidade á figura de Manuel Suárez.
A rúa elixida é a que se atopa entre a Alameda e a Praza de Abastos. A localización da rúa ó carón da praza de Abastos de Ourense responde ó papel que xogou na súa construción. «Contribuíu a dinamizar o comercio e xerou riqueza e prosperidade para a cidade».