Colaboraciones

Paco Ascón recomenda a lectura de…

Paco Ascón Callejo, pintor e escritor, recomenda unha lectura que para el ten un significado especial ante a proximidade do Día Internacional do Libro o vindeiro 23 de abril.

Ourensenarede solicitoulle que nos recomendase un libro, explicase como chegou ás súas mans, que lle aportou e por que o recomenda.

Paco Ascón recomenda a lectura de…

«Nós, a Xente do Redor» – Revista Cultural

Con motivo do próximo día internacional do Libro, aínda que poida parecer un pouco presuntuoso pola miña banda, quero recomendar a lectura da revista cultural “Nos a Xente do Redor”.

Nela atoparedes o excelente traballo literario de moitas das persoas, que afortunadamente se negan a que a cultura no mundo, quede relegada a un segundo termo. Por iso, este grupo de intelectuais dedicados a distintas ramas desta cultura en Ourense, queremos recomendar esa excelente representación, non só dun libro, senón do traballo poético, literario, fotográfico e pictórico de “As Xentes do Redor”.

Paco Ascón recomenda a lectura de...

Que todo o mundo poida gozar e comprobar, non só da calidade artística, senón tamén da calidade humana dos construtores deste importante órgano cultural que xa é un dos piares que sustentan a nosa cultura. Estou seguro de que a variadísima lectura e contemplación de “Nos a Xente do Redor” non só vos entreterá, senón que vos animará máis se cabe á fermosa e enriquecedora afección da lectura.

Paco Ascón – pintor e escritor

http://www.pacoascon.es/

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba