Paco Rodríguez, candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Ourense, comprométese a recuperar a concellería de igualdade tras manter un encontro coa Asociación Executivas de Galicia.
Na reunión mantida polo candidato socialistas con representantes da asociación tratáronse temas como o teito de cristal nas universidades e nos servizos públicos.
Paco Rodríguez comprométese a recuperar a concellería de igualdade
Natalia González, nº2 da candidatura, indicou que «queremos unha transformación na nosa forma de habitar Ourense e convertela nun espazo seguro para as mulleres». Si forman goberno tras as eleccións do 28 de maio, os socialistas anuncian que «poremos en marcha o primeiro plan municipal contra a violencia de xénero que incluirá formación de profesionais e da sociedade ou o establecemento de medidas para mellorar a detección e denuncia da violencia de xénero».