Noticias

Panorama pechará a rúa do Progreso este venres

A orquestra Panorama pechará a rúa do Progreso este venres para poder realizar a montaxe do escenario sobre o que actuará na celebración do Magosto de Ourense 2022.

O tramo afectado polo corte vai desde o fondo de Xoán XXIII ata a Alameda e será efectivo a partir das 13:30h. A actuación da orquestra Panorama será a última desta formación durante a xira 2022.

Panorama pechará a rúa do Progreso este venres

A modificación da circulación nesta zona non só afecta ó tráfico de vehículos privados. O servizo de transporte urbano de autobuses tamén verá afectada o seu funcionamento.

As paradas de autobús situadas entre o Xardín do Posío e Xoán XXIII quedarán suprimidas durante o período de peche da rúa. Os autobuses que circulen en dirección Parque de San Lázaro subirán dende O Posío por Pena Trevinca e Avenida da Habana.

Panorama pechará a rúa do Progreso este venres

Os que circulen no outro sentido desviaranse por Ervedelo para continuar pola Avenida de Portugal ata Marcelo Macías.

Botón volver arriba