Noticias

Rematan as obras de pavimentación da estrada entre Ourense e o Pereiro

O Concello de Ourense vén de rematar as obras de pavimentación da estrada que enlaza a rúa da Canle, nas proximidades do Auditorio Municipal, co límite do termo municipal co Pereiro de Aguiar.

Esta actuación mellora un eixo viario de grande relevancia estratéxica, ao dar acceso ao Parque de Montealegre, ao centro de menores, a unha urbanización residencial, ás instalacións deportivas e ao parque acuático de Monterrei, así como ao parque empresarial do Pereiro.

Rematan as obras de pavimentación da estrada entre Ourense e o Pereiro

O proxecto contou cun orzamento de licitación de 621.357,81 euros e contemplou a renovación dun treito de 3.350 metros de lonxitude, cun ancho variable de entre 4 e 7 metros. Os traballos incluíron a pavimentación da calzada, a instalación de nova sinalización horizontal e vertical, así como a colocación de barreiras de seguridade para incrementar a protección das persoas usuarias.

Rematan as obras de pavimentación da estrada entre Ourense e o Pereiro
Foto: Concello de Ourense

Ademais, realizáronse melloras no sistema de drenaxe coa recollida de augas de escorrentía, co obxectivo de garantir unha circulación máis segura e cómoda, tanto para vehículos como para peóns.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.