Deportes

O Pereiro organiza sesións de Tai Chi no encoro de Cachamuíña

O concello de Pereiro de Aguiar organiza varias sesións de Tai chi no encoro de Cachamuíña durante o mes de agosto de 2023.

Esta actividade é de balde para os asistentes e terá lugar ó carón do Parque Biosaudable do encoro de Cachamuíña.

Desde o 1 ó 30 de agosto de 2023, esta actividade terá un horario de 8:30h a 9:30h todos os martes e xoves. As inscricións realizaranse na Biblioteca Municipal do Pereiro ou no teléfono 988 25 98 39.

O Pereiro organiza sesións de Tai Chi no encoro de Cachamuíña

Os menores de 14 anos terán que asistir acompañados dun adulto.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.