Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, pedirá o cese inmediato do subdelegado do goberno en Ourense, Emilio González Afonso, tralos últimos actos ós que non foi convidado ningún representante municipal.
No recente acto que sinalaba o inicio das obras da variante norte, ningún representante do goberno municipal, provincial e autonómico estaba convidado.
Pérez Jácome pedirá o cese inmediato do subdelegado do goberno
Ante esta situación, Gonzalo Pérez Jácome decidiu trasladar a súa indignación ó delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones e ó presidente do goberno, Pedro Sánchez. Pide o cese inmediato do Emilio González pola súa actuación «sectaria» ó converter un acto institucional en actos de partido. Indica Pérez Jácome que o proceder do subdelegado «responde a unha utilización partidista dun acto de carácter institucional, máxima cando se trata do inicio dunhas obras nas que participaron e colaboraron todas as administracións, local, provincial, autonómica e estatal».
«Non ten explicación que a un acto na cidade de Ourense non se convide ó alcalde e corporación municipal da cidade» incide Pérez Jácome. O alcalde de Ourense lembra outras situacións similares como a inauguración do Arquivo Histórico Provincial de Ourense onde non foi convidado ningún representante do goberno municipal.