Noticias

Piden o arranxo do Reloxo do concello de Ribadavia

Desde a agrupación Ribeiro en Común piden o arranxo do Reloxo do concello de Ribadavia que leva fora de servizo máis dun ano.

Lembran desde esta formación política que o actual goberno non atopou ningunha solución a este problema.

Piden o arranxo do Reloxo do concello de Ribadavia

Piden o arranxo do Reloxo do concello de Ribadavia
Foto: Ribeiro en Común

A petición de Ribeiro en Común está baseada na necesidade de ter en perfecto estado de funcionamento este reloxo que é un «símbolo» de Ribadavia. Entenden que a imaxe que ofrece ter este reloxo histórico parado é negativa para o concello.

Botón volver arriba